Declaración de accesibilidade
Situación do cumprimento
Este sitio web é parcialmente conforme ao RD 1112/2018 por mor das excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se achegan a continuación.
Contido non accesible
O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:
- falta de conformidade co RD 1112/2018:
- Existen contidos nos que se emprega a cor para diferenciar o texto das ligazóns e a relación de luminosidade entre as cores non chega ao mínimo, co que poden provocar problemas de recoñecemento das ligazóns afectando ao requisito 9.1.4.1 Uso da cor de UNE-EN 301549:2022.
- Pódense experimentar problemas no acceso ás funcionalidades dos elementos do sitio afectando ao requisito 9.2.4.4 Propósito das ligazóns (no seu contexto) de UNE-EN 301549:2022.
- Existen formularios que non contan cun botón estándar de envío que facilite a capacidade de predición afectando ao requisito 9.3.2.2 Ao recibir entradas de UNE-EN 301549:2022.
- Nalgunhas novas ou contidos estáticos non revisados desde a súa publicación, poden existir erros de marcado HTML ou uso de elementos HTML para modificar a presentación dos contidos que poden provocar erros semánticos ou algún problema de visualización en determinados dispositivos ou produtos de apoio.
- carga desproporcionada: non aplica.
- o contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: non aplica.
Preparación da presente declaración de accesibilidade
Esta declaración foi preparada o 01/08/2024.
O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación da propia empresa
Última revisión da declaración: 01/08/2024.
Observacións e datos de contacto
En atención ao disposto no artigo 10.2 do RD 1112/2018 pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade, tales como: informar sobre posibles incumprimentos por parte deste sitio web, transmitir outras dificultades de acceso ao contido ou formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web.
Tamén pode presentar:
- unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018.
- ou unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 (segundo establece o artigo 3.4) ou a contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada. Na solicitude de información accesible débense concretar, con toda claridade, os feitos, razóns e peticións que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
As comunicacións, queixas e solicitudes serán recibidas e tratadas pola Xunta de Galicia. Poden presentarse a través do correo comunica@nalgures.com de xeito electrónico, telefónico a través do 982 250 245
Procedemento de aplicación
Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada ou a resposta non cumprise os requisitos contemplados no artigo 12.5 do RD 1112/2018, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente poderá iniciar esa reclamación se transcorre o prazo de vinte días hábiles sen obter resposta.
Contido opcional
A versión actualmente visible deste sitio web é de agosto de 2024 nesa data foi realizada a revisión do nivel de accesibilidade vixente naquel momento.
Entre outras adoptanse as seguintes medidas para facilitar a accesibilidade:
- Utilización de texto alternativo nas imaxes
- Os enlaces ofrecen detalles da función ou destino da hiperligazón
- Uso dos estándares do W3C: XHTML 1.0, CSS 3.0, WAI AA.