«PEIXE» mellor canción Premios aRi[t]mar 2021
Xisco Feijoó, despois de ter feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e tendo colaborado en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros, atrévese lanzando este traballo discográfico chamado PEIXE.
Mestre de Canto na ETRAD dende 1998 e director da sección de Canto da OFG SonDeSeu dende 2001 e coreógrafo desta entidade até o 2023.
Mestre de danza e canto nos cursos de verán organizados polo músico Alasdair Fraser («El Último Mohicano», «Piratas del Caribe») en California nos anos 2014, 2015, 2019 e na Illa de Sky (Scotland) no 2018. Coreógrafo e mestre no Conservatorio profesional de Danza de Castela e León (Valladolid).
Último proxecto
Premios
- 2012 : Mellor Canción do Ano 2021 na Galiza nos Premios aRi[t]mar con «PEIXE».
Formación
- José Manuel Díaz : Contrabaixo
- María Luz Campos : Percusión
- Antón Pombar : Zanfona e acordeón
- María San Miguel : Violín
- Galen Fraser : Buzuqui
- Xisco Feijoó : Canto, gaita e percusión