Orquestra Folk de Galicia
SonDeSeu OFG é unha exclusiva e multitudinaria maneira de interpretar, en clave contemporánea, a música galega de tradición oral. Distribuídos en 9 seccións, máis de 40 músicos sonorizan os ritmos ancestrais do noroeste peninsular, cruzando harmonías e liñas melódicas para crear un timbre único no cal as arpas acompañan ás gaitas, os violíns contrapuntean ás zanfonas, os bouzoukis empuxan ás voces e as requintas contradín aos contrabaixos, sempre baixo a perenne presenza das percusións, grandes ou pequenas. Con tales armas, o desempeño escénico de SonDeSeu redunda en cada ocasión nunha sonoridade ao mesmo tempo densa e lixeira, contundente pero sutil, delicada pero enérxica.
A natureza acumulativa desta formación, tan impactante á primeira vista, explícase pola súa orixe nas aulas da ETRAD de Vigo, onde o director e mestre de Arpa Celta Rodrigo Romaní seleccionou un equipo docente integrado por músicos cunha sólida traxectoria na música folk e tradicional. Hoxe en día, SonDeSeu transita firme baixo a guía de Xaquín Xesteira, Beatriz Martínez, Xosé Liz, Alfonso Franco, Begoña Riobó e Anxo Pintos.
Vinte anos despois, o que comezou como un experimento didáctico conta no seu currículo con actuacións nos escenarios máis destacados da música folk (Lorient, Ortigueira, Glasgow, Cork, Aosta) e concertos en teatros e auditorios de Barcelona, Eivisa, Madrid, Setúbal ou Helsinqui.
Último proxecto
Premios
- 2005 : Premios La Opinión ao mellor disco de música folk: Segundo premio por Mar de Vigo
- 2011 : Premio da Crítica polo «proxecto pioneiro e singular que, a partir da música tradicional e popular galega, creou un novo modelo de interpretación en formato orquestral que xa se converteu nun referente inspirador noutros países europeos».
- 2011 : Premios La Opinión ao mellor disco de música folk. Primeiro premio por Barlovento.
- 2019 : Finalista dos Premios La Opinión con Beiralúa.
Formación
- Beatriz Martínez (coordinadora), Olalla Vidal, Inés Lorenzo, Pilar Yuste, Leticia Rodríguez, Laura Barreiro : Sección de Arpa Céltica
- Anxo Pintos (coordinador), Iván Costa, Teresa Gómez, Paz Martínez, María Muras, José Simal, Rocío Solla, Sara Bonner, Antón Pombar, Juan José Rivas : Sección de Zanfoña
- Begoña Riobó (coordinadora), Felipe Rodicio, María Pérez, Elena Fernández, Rosa Míguez, Nuria Zunzunegui, Francisco Táboas, Samuel Fernández, Jose Varela : Sección de Violín
- Teresa Santamaría, Ana Senlle, Carme López, Aldara González, Rosa Martínez, Raquel Valcarce, Itziar Solar, Pilar González, Merchi Pazos, Sara Malvido, Alba Faro, Marisé Balado, Patricia Sánchez, Lucía Alborja. Coordinador Xaquín Xesteira : Sección de Canto
- Jaime Rebollo, Pilar Vieira, Beatriz Rodríguez, Juan Carlos Crespo, Pablo Recuna. Coordinador Xosé Liz : Sección de Requinta
- Samuel Soto, Marta Martínez, Diego Langarica. Coordinador Xosé Liz : Sección de Buzuqui
- Anxo Xesteira, Ignacio Ojea. Coordinador Xaquín Xesteira : Sección de Contrabajo
- Marina Vigo, Antonio Prieto, Alberto Barreiro, Iván Lobato, Xosé Sanromán. Coordinador Xaquín Xesteira : Sección de Gaita
- Marilú Campos, Eva González, Javier Figueroa, Xulia Feixoo. Coordinador Xaquín Xesteira : Sección de Percusión
- Xaquín Xesteira : Dirección