Saltar ao contido
Inicio » Artists » Maneiro

Maneiro

    Natural da Pobra do Caramiñal, pero leva vivindo en Ribeira 25 anos. Empezou a súa carreira en solitario no 2014, sacando o seu primeiro single «Pies descalzos, besos salados».
    Compaxinou a música con o traballo na fábrica onde exercía de condutor de carretillas elevadoras. Foi a conserva a súa maior fonte de inspiración. Moitas das súas letras foron escritas durante a xornada laboral.
    Decide no 2017 sacar o seu primeiro disco, e faino logrando o maior crowdfunding ata a data en Galicia, conseguindo dos seus seguidores a cifra de 10.000 euros. «Furtivos» é o nome que levará este primeiro traballo que esgotaría tódalas copias coa xira «Maneiro y los 50 Furtivos». Producido por Iago Lorenzo o son do disco é moi distinto dos dous primeiros singles. No 2018 sairía un sinxelo coa colaboración de Iván Ferreiro, cantando a dúo «Lágrimas Felices». Un ano despois no 2019 chegaría o seu segundo disco «Acaricia mis arrugas» producido
    por el mesmo. Meses despois conseguiría a colaboración de Juancho de Sidecars nun novo sinxelo «El baile de la victoria». A capacidade de composición de Maneiro é sorprendente, pois só un ano despois aparece cun disco acústico en formato videoálbum: «Palabras de un desconocido» (2020). Dez cancións acompañadas de imaxes cun mesmo fío condutor, unha viaxe co seu demo interno.

    Último proxecto

    Chega a celebración dos seus 30 anos na música con cambio de oficina, ficha por Nalgures Producións. Decide volver as súas orixes e recuperar a súa identidade, comezando a traballar na composición dun disco en galego. Faino no Nadal do 2021 e tardaría menos dun mes en escribir as cancións, como se dunha canalización se tratase. No medio da gravación do disco e en plena xira con Heredeiros, o grupo da súa xuventude, sufre un accidente cerebrovascular. Todo cobra sentido, aquilo que estaba escrito con anterioridade faise real. Maneiro esquiva a morte e tódalas súas cancións cobran vida. Nace «Un bonito despertar» título que xa estaba decidido meses atrás. Estando na UCI veuse morto a si mesmo, e non querendo irse, trae do máis alá o seu corpo espido en posición fetal. Foi unha alucinación polo tratamento tan forte que estaba recibindo. Incrible, esa era xa a súa idea de portada antes de sufrir o accidente. Este novo disco chega cunha mensaxe clara: «O tempo de ser felís é agora» e un halo de gran misterio.

    Formación

    • Manu Rey : Batería
    • Pachi Cruz : Baixos e coros
    • Iria Iglesias : Teclados e Coros
    • Fernando Calvo : Guitarra e coros
    • Rubén Cores : Guitarra, coros e dirección musical
    • Fran Gude : Técnico de son e produtor do disco «Un bonito despertar»
    • Maneiro : Voz

    Galería de fotos

    • Javi Maneiro 8
    • Javi Maneiro 9
    • Javi Maneiro 6
    • Javi Maneiro 7
    • Javi Maneiro 4
    • Javi Maneiro 5
    • Javi Maneiro 2
    • Javi Maneiro 3

    Álbums

    Sinxelos

    Vídeos