Saltar ao contido
Inicio » Artists » Davide

Davide

    Davide Salvado é unha das grandes voces do panorama galego. Coñecido por mesturar o son máis tradicional da nosa música cos grandes cambios que o mundo dá. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo aldeas en busca de ritmos, coplas e danzas, de todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música senón tamén do seu modo de vivir. A súa versatilidade permitiulle achegarse a xéneros como o cabaré ou o teatro.

    Davide quere transmitir na súa musica a súa particular visión da vida.

    Último proxecto

    Tras o discurso transcendente da máis elevada forma de vangarda e o berro arcaico dunha montañesa de León agóchase un idéntico impulso. Davide Salvado coñece ben este feito e desde hai anos vénse reivindicando como un dos creadores galegos máis autorizados para manexarse nos parámetros desta fértil dualidade. Mentres o mundo camiña cara o estéril automatismo do consumo pop na era das redes, Salvado continúa apostando polo algoritmo da paixón, o scrolling inmediato da pel, a necesidade urxente da Música como medio definitivo de liberación artística. No seu último proxecto, Permita Deus, o artista marinense asentado en Liúlfe concédese ademais a aventura de achegar o seu compromiso pola tradición atlántica á maridaxe acústica do violín clásico e a guitarra eléctrica de ascendencia pop rock. Sobre esta interesante mestura, érguese o discurso apaixonado e transgresor de Davide Salvado (Premio Martín Códax 2014 e 2017), que unha vez máis demostra unha capacidade única para romper barreiras cun proxecto a medio camiño entre o lirismo pop, a máis dramática e inspirada tradición e a beleza formal do mundo clásico.

    Premios

    • 2014 : Premio Martín Codax na categoría de música tradicional galega
    • 2017 : Premio Martín Codax na categoría de música tradicional galega

    Formación

    • Davide Salvado : Voz e percusión
    • Cibrán Seixo : Violín
    • Antonio Casado : Guitarra eléctrica

    Galería de fotos

    • Davide Salvado Permita Deus 3
    • Davide Salvado Permita Deus 2
    • Davide Salvado Permita Deus 1
    • Davide Salvado 4
    • Davide Salvado 3
    • Davide Salvado 2